1. Este sitio usa cookies. Para continuar usando este sitio, se debe aceptar nuestro uso de cookies. Más información.
  2. Bienvenido a OUTDOORgalicia, regístrate, preséntate y forma parte de nuestra comunidad.
    Descartar aviso

RUNNING - Carreira San Brais - Salcedo

RUNNING - Carreira San Brais - Salcedo
Fecha de inicio: Feb 2, 2014 10:00 AM
Fecha final: Feb 2, 2014 01:00 PM
Zona horaria: Europe/Amsterdam +01:00 CET

Ubicación:
Pontevedra
RUA SAN BLAS, S/N
Pontevedra, Pontevedra 36143

Publicado por: Rasdhoo

Miembros confirmados: 0
Puedes marcar confirmación para este acontecimiento...

Este Evento ya ha comenzado o ha pasado, por ello, se ha cerrado la confirmación de asistencia.
REGULAMENTO DA VI CARREIRA PEDESTRE SAN BRAIS 2014

INTEGRADA NO CIRCUITO DE CARREIRAS DE PONTEVEDRA 2014
www.facebook.com/CircuitoDeCarreirasDePontevedra
PREVIO Á CARREIRA

1. DATA: A Asociación de Veciños Salcedo Norte e o Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra organizan o domingo 02 de febreiro de 2014, a partir das 12,00 horas, a “VI Carreira Pedestre San Blas 2014”.
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
MASCULINA - FEMININA
Ano Menor Maior Nacemento
CUMPRIDOS
Chupete De 00 A 04 (2014 – 2010)
Pitufo/a De 05 A 07 (2009 – 2007)
Benxamín De 08 A 09 (2006 – 2005)
Alevín De 10 A 11 (2004 – 2003)
Infantil De 12 A 13 (2002 – 2001)
Cadete De 14 A 15 (2000 – 1999)
Xuvenil De 16 A 17 (1998 – 1997)

CCCP 2014
Senior De 18 A 34
Veteranos/as 1 De 35 A 39
Veteranos/as 2 De 40 A 44
Veteranos/as 3 De 45 A 49
Veteranos/as 4 De 50 A 54
Veteranos/as 5 De 55 A 59
Veteranos/as 6 De 60 A 64
Veteranos/as 7 De 65 En diante

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de San Brais así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DORSAIS. Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba.
Para todas as persoas que estén inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2014, a inscrición será de balde; para máis información en www.championchipnorte.com
No caso de que o/a deportista das categorías Seniors e Veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inexcusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, terá que pagar en efectivo a diferenza económica. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.

Categoría - Data tope de inscrición - Recollida de dorsais - Cota - Sistema de inscrición - Aluguer de chip

Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil - Só o día 02 de febreiro entre as 09 e as 10.30 horas na carpa xunto á saída - De balde - Persoalmente o titor/a, co nome, teléfono de contacto e DNI - Non

Senior, Veteranos/as 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 - Ata as 23.59 horas do 29 de xaneiro - Só o día 02 de febreiro entre as 09.00 e as 11.00 h na carpa xunto á saída - 5 € - A través da web www.championchipnorte.com - 1 €, de non telo en propiedade

5. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar co Comedor Social de San Francisco poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

6. COMO CHEGAR EN COCHE E ESTACINAR. A prioridade é achegarse a pé ou en bicicleta; de non ser así, saír de Pontevedra pola Avda. de Eduardo Blanco Amor (EP0012) dirección á BRILAT ou centro comercial Carrefour ou ao Lago Castiñeiro, ao atopar o Carrefour xirar á esquerda a avanzar ata a primeira rotonda e alí estacionaremos no propio centro comercial Carrefour (antes das 11.40 e non se poderá mover o coche ata as 13.00 horas).

7. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá unha ambulancia e un médico/a para a atención.

8. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.

9. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou persoal de organización, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

10. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
11. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA

12. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...

13. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
1º 2º 3º
Absoluta Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Para o gañador absoluto masculino e a gañadora absoluta feminina o Restaurante Casa Román fai entrega dun premio especial consistente nunha cea para dúas persoas a cada gañador.
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.
1º 2º 3º
Senior e Veteráns Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo
Na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.
Entregarase o “Trofeo Julian Bernal” ao corredor e á corredora máis veterano/a en tomar parte nesta edición.

14. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN E “TERCEIRO TEMPO”. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.30 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material. Ao remate da carreira haberá unha chocolatada e un sorteo de lacóns entre as persoas participantes nas categorías Senior e Veteranos.

15. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Asociación de Veciños Salcedo Norte ou no correo-e avsalcedon@yahoo.es